Os Méndez de Vilarmirón  (Por Alberto Paraje)

O inicio da carreira militar de Matheo debeu producirse con motivo da “Convocatoria de Nobleza e Milicias” realizada en 1.702 polo Capitán Xeral do Reino de Galicia, o príncipe de Barbanzón, ante o inminente ataque da armada británica á Frota de India refuxiada na Ría de Vigo, que desembocaría na Batalla de Rande. O mozo Matheo debeu ingresar entón como cadete no Rexemento de Mondoñedo.


Cinco anos máis tarde, Matheo casaba na igrexa de Villarmide con Rosenda Pérez, establecéndose o matrimonio en Villarmirón, onde nacerían os seus fillos: Pedro (1.709), Mª Antonia (1.713), Josefa (1.716), Manuel (1.718) e Margarita (1.719). Cando naceu esta última, o Rexemento de Mondoñedo, que por entón xa se fusionara cos de Compostela e Zamora, se encontraba asediado en Fuenterrabía po lo exército francés do Duque de Berwick.


A pesar de que os españols se viron obligados a capitular e entregar Fuenterrabía aos franceses, Matheo saíu ileso daquela batalla, regresando a Villarmirón onde  habería de ter o seu último fillo, Juan Antonio, nacido en Maio de 1.729.

Soldado do Rexemento "Zamora"

O xa veterano tenente do Rexemento de Zamora, Matheo Méndez, se ve obrigado a abandonar novamente Villarmirón en 1.733, nesta ocasión para dirixirse á Toscana (Italia), formando parte dos 40.000 homes que venceron o 25 de maio de 1.734 ao exército austríaco na batalla de Bitonto (Apulia), pola que se recuperou o Reino de Nápoles. Tamén interveu o Rexemento de Zamora no bloqueo de Capua e no sitio e toma de Pescara.

Matheo Méndez

O primeiro membro da familia Méndez do que se ten noticia en Villarmirón foi o tenente do Rexemento de Infantaría de Zamora, Matheo Méndez.

 

Manuel trasladouse á residencia salmantina do doutor Ceballos onde estivo a traballar de servente ata que o ilustre profesor foi promovido a cóengo e tesoureiro da igrexa metropolitana de México en Agosto de 1.746. E dese modo, acompañando o seu señor, foi como Manuel Méndez tivo a oportunidade de cruzar o Atlántico para trasladarse as Indias.

En Decembro de 1.747 Manuel Méndez estaba en Cádiz xunto ao doutor Ceballos para embarcarse no navío de guerra "O León" con destino ao porto de Veracruz. Na documentación previa ao embarque dise de Manuel que era “chico de cuerpo, trigueño, nariz gruesa, pelo y cejas negras, con una cicatriz debajo de la quijada izquierda, de 29 años de edad, soltero, cristiano viejo, limpio de mala raza, de familia honesta y honrada”.

A chegada a Nova España (México) de Manuel abriulle os ollos sobre as grandes posibilidades de promoción que aquel inmenso continente podían supoñer e non tardou en comunicarllo ao seu irmán pequeno Juan Antonio.

Envíanos os teus recordos a: documentacion@vilarmide.net

Manuel Méndez

O segundo fillo varón de Matheo, Manuel, como lle acontecía aos fillos non primoxénitos, só tiña dúas formas de lograr a súa subsistencia: a igrexa ou o exército. Parece que inicialmente se elixiu a primeira opción e que foi enviado a estudar ao Seminario de Gramática que por entón había en Mondoñedo.

Pero o que parecía inevitable futuro clerical de Manuel sufriu un repentino xiro cando, posiblemente por mediación do tenente coronel don Juan Ceballos Escalera, Matheo logrou que o seu fillo fose aceptado como criado polo relixioso don Ignacio Ceballos Villagutierre, que por entón era profesor de Gramática na Universidade de Salamanca e membro da Real Academia Española.

Juan Antonio Méndez

Juan Antonio, coa penas 20 anos de idade e sen a axuda do seu pai Matheo, que xa falecera, comeza os trámites para o seu traslado a "a India": obtén certificado de bautismo emitido polo párroco de Villarmide, Diego Díaz Valdés, o 8 de Abril de 1.749 e o 1º de Maio dese mesmo ano certifican a autenticidade do certificado do párroco tres escribáns reais de San Pedro de Riotorto.

En Febreiro de 1.750 Juan Antonio presenta a documentación ante o tenente correxidor da vila de Madrid manifestando a súa intención de trasladarse en breve á India, para o que solicita recoñecemento da súa fidalguía e nobreza, así como a dos seus antepasados.

Testifican baixo xuramento a veracidade da documentación presentada por José Antonio tres veciños de Madrid, naturais do concello de Miranda, Mondoñedo e Villaeimil, respectivamente, indicando ser paisanos e amigos de Juan Antonio. A continuación presenta toda a documentación na Secretaría do Consello e Cámara da India da Negociación das Provincias da Nova España. Pero este primeiro intento de Juan Antonio non frutificou e tivo que regresar a Villarmirón.

En 1.756 a situación económica de Juan Antonio, a súa nai e irmás en Villarmirón faise insostible e Juan Antonio, decatado polo seu irmán Manuel da vacante que se producira da alcaldía da poboación de Cholula (México), solicita ante a Secretaría da Nova España en Madrid concédaselle o devandito cargo ou outro calquera que se estime oportuno...pero tampouco nesta ocasión foi concedida a súa solicitude.

De volta en Villarmirón e cando posiblemente Juan Antonio xa perdera moitas das súas esperanzas de trasladarse á India, en 1.763 chegou o ansiado permiso, aínda que posiblemente non era precisamente o destino máis botado de menos por Juan Antonio: despois de case quince anos de gastos, viaxes e maraña administrativa, Juan Antonio Méndez era nomeado Correxidor de Collaguas, no Perú.

En 1.764 Juan Antonio xa está en Cádiz coa súa "roupa, libros e as súas armas" disposto a embarcarse xunto ao que di ser o seu criado, Joseph Antonio Díaz de Freixo, de Santa Eulalia de Piquín.

Tras varios atrasos nos permisos, finalmente Juan Antonio obtén licenza para embarcarse o 22 de Xaneiro do ano 1.765.

Unha viaxe daquelas características era toda unha aventura naquela época: do porto de Cádiz ao de Cartagena de Indias (Colombia); de alí ao porto de Portobelo (Panamá); por terra cruzaría á costa do Pacífico ata o porto de Panamá e de alí, novamente por mar, ao porto de Callao - Quito e ao de Arequipa.

O 23 de Xuño de 1.766, un ano e medio despois de obter licencía de embarque en Cádiz, Juan Antonio Méndez envía unha carta ao rei Carlos III dende Arequipa informándoo da toma de posesión do seu cargo.

Juan Antonio estableceuse no pobo de Callalli, onde ao longo do seu mandato tivo que facer fronte a varias sublevacións dos indíxenas, nunha das cales (1.773) chegou a ser gravemente ferido.

Pedro Méndez

Como fillo varón primoxénito, Pedro herdou o morgado ou "melloramento" das principais propiedades da familia en Villarmirón ao falecer o seu pai Matheo, garantindo así a continuidade da Casa. A súa economía pasou a depender basicamente dunha agricultura e gandaría de autoabastecemento, completada con algún ingreso extra procedente do oficio de xastre que eventualmente exercía Pedro.

En 1.740 Pedro casou en primeiras nupcias con Juana Gómez, que era de Pontigo, na parroquia de Galegos. Na súa casa de Villarmirón naceron os seus fillos José Tomás (1.742) e Domingo Antonio (1.744). O parto de este último complicouse e aos poucos días do seu alumeamento faleceu Juana.

En 1.755 casa en segundas con María López, de Pena de Cabras. Con ela tivo por fillos a José Romualdo (1.757), Julián Antonio (1.759), Jacinto (1.761) e Mª Cipriana (1.763).

Domingo (o nacido en 1.744), casouse en 1.774 con Isabel Simona Fernández de Uz, de Villarmide, dando así orixe á “Casa Sabela” de Villarmirón, da que é descendente o que isto escribe.

Xacinto (o nacido en 1.761), casado con Ana Mª Bolaño, de Navallo, foi posiblemente quen deu orixe á "Casa de Xinto” de Villarmirón. 

No expediente de investigación que se abriu posteriormente, denominado “Autos hechos sobre averiguar el atentado o alzamiento que hicieron los Yndios del pueblo de Callalli, contra el Gobernador de la Provincia de Collaguas Don Juan Antonio Méndez, Corregidor de dicho Partido”  no que foron interrogadas varias testemuñas, un deles afirmaba que“…los pobladores rompieron el casco que el Corregidor llevaba puesto, dejándole cuatro heridas en la cabeza, los pulmones hinchados, los riñones dañados, la cara destrozada y arrojando sangre por la boca y nariz.” Os españois que rescataron a Juan Antonio do intento de linchamento aseguraron que “…era un milagro que aun siguiese vivo porque al pasar el río de Callalli sintieron que agonizaba.”

Os indios, rematado o ataque, recolleron as armas de Juan Antonio, levándoas á igrexa do poboado, onde "...las pusieron a los pies de San Antonio"

Aínda hoxe, nas guías turísticas de Callalli, en cuxa igrexa se segue venerando a mesma imaxe de San Antonio, faise mención ao espírito rebelde dos Callallinos, poñendo como exemplo a súa rebelión de 1.769 contra o correxidor nacido en Villarmirón, Juan Antonio Méndez.