Noticias

Área recreativa de "Fondón"

Festa  “No Navallo”

O próximo sábado 7 de abril de 2012, terá lugar a festa en honor a San Benito no pobo de "O Navallo" con misa na capela, seguida de sesión vermouth amenizada polo Trío Baía Branca e pola noite gran verbena no campo da festa.


Esperámosvos. Pasaremos un día inesquecible.

San Pedro Fiz 2012

Na páxina web de Pontenova.es entrevistan a Manolo de Agrelo.

Da man dos seus recordos volverán estar presentes momentos entrañables e algúns dos nosos veciños que xa non están:

http://www.pontenova.es/2013/03/entrevistas-con-morrina-manuel-perez.html#more

San Pedro Fiz 2013

Un ano máis esperamos contar convosco na tradicional romaxe do San Pedro Fiz. Como é habitual contaremos con actuacións musicais, misas ao longo da mañá e procesión.

Xa sabedes, o domingo 4 de agosto, estaremos todos.

¡ Vémonos!!

Como é habitual, o próximo domingo 5 de agosto de 2012 celebrarase a tradicional romaxe de San Pedro Fiz en Vilarmide, con misas ao longo do día, actuacións e a típica merenda no arboredo anexo. Non cho perdas.

¡¡¡ESTIVEMOS MUUUUY PRETO!!! De todos os xeitos, por se queda algún "despistado", cada papeleta está premiada con 24 €. Pódense cobrar en CALQUERA SUCURSAL de CAIXA GALICIA

Vodas de Ouro de Avelino do Dios e despedida do párroco D. Manuel García Paje

O domingo 18 de agosto de 2013, na igrexa parroquial de S. Salvador de Vilarmide, tivo lugar un entrañable acto no que o noso querido veciño Avelino do Deus, quixo compartir connosco o cincuenta aniversario da súa primeira misa..

E quíxoo facer no seu pobo, entre os seus. Foi un acto sinxelo, como é el, pero moi conmovedor. Lembrounos a alegría daquel afastado día, as súas ilusións e o seu periplo como párroco por distintas parroquias de Galicia. Agradeceu a proximidade e o agarimo que sempre sentira dos seus veciños e da parroquia en xeral.

No mesmo acto despediuse como párroco D. Manuel García Paje visiblemente emocionado.


Manolo de Agrelo leu un emotivo recoñecemento aos dous curas protagonistas do evento, lembrando momentos compartidos con Avelino cando vivía en Vilarmide, anécdotas entrañables e expresou, en nome de todos os congregados, os mellores desexos para ambos.

Domingo 3 de agosto. Fieis á cita anual do primeiro domingo de agosto, gozaremos un ano máis da romaxe que nos convoca nas inmediacións do santuario do San Pedro Fiz. Verémonos os que habitualmente non estamos e compartiremos noticias, recordos e, como, non boa comida. E o máis importante: excelente compañía. Tamén nos gustaría contar coa túa. Apúntaste?

San Pedro Fiz 2014

Domingo 2 de agosto. Como é habitual, e dando continuidade á nosa tradición, un ano máis nos xuntaremos arredor do santuario do San Pedro Fiz para compartir bos momentos. Gustaríanos contar coa vosa presenza. Non faltarán procesións, música tradicional e actual e, por suposto, empanadas, bo viño e moi boas compañías. Queres sumar a túa? Esperámoste.

San Pedro Fiz 2015

San Pedro Fiz 2018

Domingo 5 de agosto. Un ano máis nos reuniremos a gozar dun memorable día de festa. Momento entrañable para vernos todos e contar como nos vai. Compartiremos comida, bebida, risas e recordos. Non faltarán a tradicional música de gaita, música de actualidade, baile e a procesión ao redor da capela. Apúntasche? Alí estaremos.

San Pedro Fiz 2019

Este ano seguramente que contamos contigo. Xa sabes, o dommingo 4 de agosto, ben sexa na procesión, a sesión vermut, durante a tarde noite e por que non? durante todo o día. Aquí atoparás ambiente, comida, bebida, alegría e a mellor das compañías. ESPERÁMOSCHE!!!

 

O sábado 17 de xullo de 2010 ás 14h. tivo lugar a inauguración da área recreativa de "Fondón" no ámbito de Vilaboa. O proxecto foi patrocinado polo Concello da Pontenova coa presenza do alcalde Darío Campos Conde, e organizado polas asociacións de veciños "San Xulián de Vilaboa, "San Miguel de Vilaemil e "San Salvador " de Vilarmide xunto coa Asociación Cultural da Hermida.

Opinions, información, solicitude de cursos, actividades ou calquera tema relativo á Asociación de Veciñ@s dirixirse a: secretaria@vilarmide.net

A área encóntrase situada á beira do río e está dotada dun amplo aparcadoiro, numerosas mesas e grellas, zona infantil, aseos e unha magnífica zona de baño.