A Queimada

O ritual da queimada ten un trasfondo de homenaxe a tres dos elementos máis celebrados da mitoloxía e a filosofía antiga: A Terra, A Auga e O Lume.

 

Ingredientes:

  1. Augardente

  2. Azucre

  3. Codias de limón

  4. Grans de café

A Terra está representada polo pote de barro. A nai terra é a orixe de todas as cousas e destino final do home. Toda-las culturas a elevan ao rango de deusa.

A Auga maniféstase na augardente coma bágoas da nai terra, xerminadas en forma de grans de uva. Ao tomar a beberaxe poñémonos en comuñón coa deusa nai.

O lume é o elemento purificador por excelencia e funxido en ritual coa terra e a auga completa o ciclo da homenaxe e o sortilexio de afastamento dos malos espíritos.

Receita

Contrario a algunha crenza popular que atribúe a orixe da queimada aos celtas, parece ser que non pode ser anterior ao século XII posto que ata ese momento non inventara o alambique, de orixe árabe. Do mismo xeito sucede co azucre de cana, elemento primordial, introducido tamén polos árabes na península, o que traslada a orixe da nosa queimada á época medieval.

O consumo de augardente asóciase tamén con certas calidades curativas do catarro principalmente. Sexa cal fora a escusa, o certo é que se foi popularizando e chegou a ser parte indispensable como final dunha cea en boa compañía.

Nun cuenco, xeralmente de barro cocido, vértese a augardente, azucre en proporción de 120 gramos por litro de augardente, as codias de limón e uns grans de café. Remóvese ben.

Noutro recipiente máis pequeno (pode ser o cullerón co que se revolve) engádese unha pequena cantidade de augardente sen azucre nin limón. Quéntase o cullerón cun chisqueiro, e préndese con coidado de non se queimar. A continuación métese o cullerón lentamente no recipiente grande, para que o lume se estenda por toda a superficie. Remóvese lentamente deixando que suban as chamas e facendo fervenzas con elas. Vaise repetindo o proceso para que vaia queimando o alcohol e suavizando a bebida a gusto de cada un.

Unha vez que está coa graduación axeitada, engádese no cullerón unha cullerada sopeira de azucre, colócase sobre as chamas ata que se derreta formando xarope e vértese sobre as chamas e revólvese, dándolle así unha cor tostada.

Neste momento apagamos as luces e facendo fervenzas coa bebida en chamas recítase o Conxuro.

Apagamos as chamas que queden e sérvese quente coas cascas de limón e os grans de café.

Preparación:

Conxuro

Mariano Marcos Abalo

Mouchos, coruxas, sapos e bruxas.

Demos, trasgos e diaños,

espritos das neboadas veigas.

Corvos, píntigas e meigas,

feitizos das manciñeiras.

Podres cañotas furadas,

fogar dos vermes e alimañas.


Lume das Santas Compañas,

mal de ollo, negros meigallos,

cheiro dos mortos, tronos e raios.


Oubeo do can, pregón da morte;

fuciño do sátiro e pe do coello.

Pecadora lingua da mala muller

casada cun home vello.

Averno de Satán e Belcebú,

lume dos cadáveres ardentes,

corpos mutilados dos indecentes,

peidos dos infernais cus,

muxido da mar embravescida.

Barriga inútil da muller solteira,

falar dos gatos que andan á xaneira,

guedella porca da cabra mal parida.

Con este fol levantarei as chamas

deste lume que asemella ao do Inferno,

e fuxirán as bruxas a cabalo das súas escobas,

índose bañar na praia das areas gordas.

¡Oíde, oíde! os ruxidos que dan

as que non poden deixar de queimarse

no augardente quedando así purificadas.


E cando este brebaxe baixe polas nosas gorxas,

quedaremos libres dos males da nosa ialma

e de todo embruxamento.


Forzas do ar, terra, mar e lume,

a vós fago esta chamada:

si é verdade que tendes

máis poder que a humana xente,

eiquí e agora,

facede cos espritos dos amigos que están fóra,

participen con nós desta queimada.