Recuperación de espazos públicos

 

Nós tiñamos proposto para restaurar a fonte da igrexa e aquí está. Grazas aos esforzos emprendidos pola de Veciñ@s de “San Salvador de Vilarmide”

Antes de haber lavadoras nos fogares, antes de que a luz eléctrica chegase ás nosas casas e antes, mesmo, de que a auga saíse por unha billa liberándonos da incomodidade de encher caldeiros e baldes, as coadas realizábanse nesta fonte. Mesmo tempo despois viña a lavar aquí por tradición, comodidade, calidade da auga ou simple escusa para compartir uns momentos. O certo é que actualmente quedara bastante abandonada e desde a Asociación de Veciñ@os non quixemos permitir que o esquecemento e a maleza apoderásense deste emblemático recuncho.

Opinions, información, solicitude de cursos, actividades ou calquera tema relativo á Asociación de Veciñ@s dirixirse a: secretaria@vilarmide.net