Ogullo ferido

Por: “Pícaro”

 

Sempre fun do Madrid. No recreo, invariablemente, arrancaba polo lateral dereito e enfilaba a portaría contraria, a do Deportivo Lugo por suposto. As aliñacións eran bastante arbitrarias posto que non sempre eramos os mesmos. Sexa como for, o que non cambiaba nunca era o duelo Real Madrid - Deportivo Lugo. Nin que dicir ten en que equipo xogaba eu.

Custábame bastante chegar porque o campo era costa arriba, e sempre me tocaba atacar dende a parte máis baixa. Cando xa non podía máis, buscaba coa mirada ao meu amigo e confidente Manolo para pasalo o balón pero.... xa dende o chan, porque en canto levantaba a vista sempre tropezaba con algo. Era incapaz de correr sen levar a cabeza baixa.

Mentres, dous regueiros de sangue asomaban polos buratos dos narices e polo burato do pantalón.

Mirei cara ao grupo das rapazas e alí estaban. A maioría nin se decatara do meu falido intento de marcalo un gol ao Lugo. Entón o meu bo amigo Manolo pasou o seu brazo polos meus ombros..

-¿Mancácheste moito?
-No, case non me doe nada –dixen con bágoas nas meixelas e a voz entrecortada polo choro.

A dor máis difícil de soportar era o do orgullo. O meu amor propio ferido. O vorcallón polo chan entre as risas dos do Deportivo Lugo. O grupo de rapazas, entre as que, unha delas.... especialmente unha, si me vira caer. Iso si era unha verdadeira dor.

-Oe Manolo…, e a ti… tes moza?
-¿….? ¡Tú estas tolo!. Mira que cousas se che pasan pola cabeza.
-Booo…,e  enton qué… Non podías tela?
-Non te digo eu..? Toleas.
-Pois… Eu teño…. –Afirmei con serenidade mentres a manga do xersei facía as veces de pano debuxando unha franxa sanguinolenta de meixela a meixela.
-¿Cómo que tés..? Eeee… quén é logo?
- É Ana. Pero ela ainda non o sabe. Como lle digas tu algo… mátote….. ¡¡Ay cómo me doe o xeonllo!!
-Esta si que e boa!.  Non te decatas de que ela é moito maior ca ti.
-Tanto non ¿ou?. ….. ¡¡Ufff!!
-¡¡Home non oh!!. Ana, con seis anos e ti con cinco. Cómo vai mirar para ti?
-¿….? Bueno…., eu cumpro seis en novembro…. ¡Como me castigue a mestra de xeonllos….!! ¡¡Buff!!

Aquel día o golpe foi máis forte. Unhas raíces que asomaban atrapáronme un piei, e o xeonllo dereito, as palmas das mans e a punta do nariz pagaron as consecuencias. Cando abrín os ollos, unha roda de caras observábame, mentres unhas mans se metían por debaixo dos meus sobacos e me alzaban no aire á vez que a voz de Montsita dicía:


-¡Xa verás cando chegues á casa.!!  ¡Mira como puxeches o pantalón.!!  ¡¡Vaite matar a túa nai.!!

-¡Foi falta!! –berrei entre saloucos- ¡Alguén deume unha patada!.

Envíanos os teus contos ou recordos a: documentacion@vilarmide.net