Calquera tempo pasado.... (Añoranza)

Por: “Patricia”

 

Que recordos e sobre todo canta añoranza. 


Xa fai de aquelo uns 30 anos, o autobús de Aurelio cheo para o colexio da Pontenova, éramos uns pouquiños esperando na parada da carretera onde a casa de Agrelo, cantas risas.
A taberna de Germán e Serafina ca peculiar cesta de ovos de alambre recuberta dun plástico de cores, as matanzas dos porcos que nos xuntábamos medio pobo, os días de ensilar, que ben o pasaba nas casas de Maruja de Carlos, Modesta do Vilar, na de Torres con Asunción, na de Mariquiña poñendo na mesa con Susana, e na de María de Ordeiro que facia con ela o que quería (que alegría tiñan para os pícaros).

Os veráns, esperando a que chegara Cristina de Oviedo para poder xogar, os do Freixo para ir ó río, os xogos na carretera, as tardes coas vacas, as pacas...........son tantas cousas.

E agora, despois de tantos anos, ainda queda xente coas ganas de vir a Vilarmide a pasar risas nas churrascadas e intentar que VILARMIDE non quede no olvido.

Moitas gracias e moitas felicidades a todos os que o estades intentando e como non "ARRIBA A ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE SAN SALVADOR DE VILLARMIDE".

Patricia Muruáis Fernández

Tamén recordo a noite do entroido, que mediño pasaba cando viñan, escondíame debaixo do escano, eso si, cando enpezamos a participar os máis pequenos, como o pasábamos, recorríamos o pobo, e como non sacábamos as nosas perriñas, que tempos tan bonitos.

O mellor recordo, todos, os veciños levávanse todos ben, sempre axudándose, xuntos coa man estirada para facer algún favor, e agora se podemos estirámola perna para poñer a zancadilla,mellor que mellor (ja,ja,ja,) tamén as polavilas, son tantos recordos.

As persoas, como non, a José Ramón, que me quería comprar unha gadaña de plástico para ir segar, cos pinos do Prado da Porta que prantou, un para cada unha de nosoutras, que cando creceran venderíamolos para comprar un reloj, canto nos quería.

Envíanos os teus contos ou recordos a: documentacion@vilarmide.net

A Flor de Farruco, co seu paquete de ducados, co seu pelo branco e sempre disposto a votar unha man.

A Sé de Varela da Penela á Cimadevila e o revés,  Avelina canto lle facíamos de rabiar e Susana, Miguel de Estudiante mirando como eu ordeñaba ou intentaba ordeñar a ovella, Alberto de Torres que sempre che falaba e tiña conversación donde te encontraba, Victorino de Guxo, Sindito de Martín, canto nos quería, Suso do Vilar sempre rindo e coa crianza das codornices na incubadora, e como non todos os da casa do Dios, Valentín, Eva, Irene, Suso, Elia , Suso, Hermitas e avoa que non recordo o nombre, son tantos recordos e tan fermosos que sinto moita nostalxia.

A Ramón de Pericón sempre rindo para os pícaros.