Comidas de irmandade

Churrascada en agosto 2010

Churrascada no Navallo 2010

Como era de esperar o éxito foi total. Unhas cen persoas xuntámonos co propósito de "resucitar" aquela festa un pouco durmida do noso patrón "San Salvador". O bo ánimo, o bo comer e beber reuniu a un montón de veciños e familiares ao redor dunha barbacoa e unha carpa no exterior da escola. Música, risas, chistes e ambiente desenfadado presidiron un día que se prolongou ata máis das cinco da mañá (estamos feitos uns rapaces).

Grazas a nosa particular "reporteira destacada" Tanya, contamos co testemuño gráfico que podedes ver no apartado de imaxes Actos Sociais.

Esperámosvos a todos na próxima.

Dentro do esforzo constante por manter os lazos que unen a nosa xente, destacan notablemente os veciños do Navallo.

A pesar del abandono, la memoria colectiva del pueblo es un auténtico tesoro que sus antiguos habitantes y sus descendientes se niegan tercamente a perder” (Diario "El Progreso" o 31 de outubro de 2010)

¿Dire Straits?

Fotografía de Tanya

Churrascada no Navallo novembro 2011

O próximo 20 de agosto terá lugar a tradicional churrascada anual no local da escola de Vilarmide. Esperámosvos ás 20 horas para pasar unha tarde-noite memorable

Churrascada en agosto 2011

Un ano máis O Navallo congregou aos seus, amigos e achegados, na xa tradicional "churrascada" de outono. Tedes reportaxe fotográfica enviada por Susana Gayoso na sección de "Imaxes Actos Sociais

 

Con certa frecuencia celébranse comidas de irmandade coa finalidade de que esa "memoria colectiva" non se transforme en esquecemento colectivo. O pasado 31 de outubro tivo lugar unha churrascada que convocou a decenas de familiares, antigos veciños e amigos dos tres habitantes que permanecen no pobo.

O feito foi recollido polo diario "El progreso"  http://elprogreso.galiciae.com/nova/66278.html

Participantes na churrascada o 31 de outubro

Opinions, información, solicitude de cursos, actividades ou calquera tema relativo á Asociación de Veciñ@s dirixirse a: secretaria@vilarmide.net