A Polavila

 

Olor a fume e o rumor dunha inintelixible conversación recíbeos ao tempo que golpean a porta

 

Atrás quedou a dura xornada no campo. Xa cearon e despacharon os animais, prepararon as cortes, muxiron as vacas e planificouse o traballo para o día seguinte. Na casa quedan as mulleres (sogra e nora) alimentando o lume que caldea a cociña.

-¿Pódese…?

-¡¡Home.. Pasai oh!! Non vos quedéis fora co frío que fai. ¡¡Pechai a porta!!

 Unha roda de sombras e indefinidos volumes debuxábase arredor das brasas da lareira no centro da estanza.

 -¿Qué tal logo…?

-Deixamos as mulleres na casa e nos vimos un pouco a polavila.

Escenas similares fóronse repetindo ao longo dos anos ata que a televisión "encerrou" a xente na súa casa. Esas reunións transcorrían á calor da cociña e á calor da amizade e a camaradaría. Os veciños comentaban os problemas, compartían sentimentos e de cando en vez aparecían os "Contos de Polavila", unha serie de contos de tradición oral que entretiñan aos maiores e facían traballar a marchas forzadas a imaxinación dos máis pequenos.


Hoxe non hai polavilas. Os que vivimos aquilo á luz dos candís somos depositarios dun legado cultural que non debe perderse. Hai recompilacións de "Contose de polavila" nas librarías pero neste espazo queremos recoller os vosos. Queremos que os nosos descendentes coñezan da nosa propia voz o que nós vivimos.

Os nosos contos de polavila

Envíanos os teus contos ou recordos a: documentacion@vilarmide.net

Noite cerrada, sen lúa. Noite xelada de mediados de febreiro en la que os refachos de vento abríanse paso entre las árbores sacudindo ramas nuas. Afastados ladridos contestábans uns a outros atravesando la negrura da noite e algún que outro extraño estalo completaba o cadro sonoro.

Enfundados en raídos chaquetons, na cabeza a imprescindible “pucha”. Pantalons de pana na súa maior parte, combinando remendos de mahón y calcetins de la cheos de furados que mal recubrían uns pés encerrados en zocas, dous personaxes batallan coa escuridade movendo tizóns a esquerda e dereita tratando de adiviñar as zonas libres de auga e barro no camiño cara a casa do veciño correspondente.