O canto da historia

Vella controversia aquela "de que unha imaxe vale máis que mil palabras". Talvez sexa certo se nos movemos no campo da teoría da información, non obstante unha palabra tamén é capaz de suxerirnos mil imaxes. A palabra pon rapidamente en marcha as engrenaxes da imaxinación e neste apartado pretendemos que, da man do rigor que estea ao noso alcance, sexamos capaces de, á vez que informamos, trasladarte a ti que nos visitas a outros lugares no tempo.

Neste espazo viaxaremos da man dos nosos colaboradores, a momentos nos que os nosos antepasados construían a capela do Navallo, loitaban en Nápoles e América ou preparábanse para defender os nosos pobos da invasión Napoleónica. Aquí non nos queda máis que a palabra e a nosa imaxinación polo tanto abride ben os ollos e preparádevos para entrar na máquina do tempo.

 

Envíanos os teus recordos a: documentacion@vilarmide.net

Os Méndez de Vilarmirón
-Alberto Paraje Méndez-Mendez.html
San Benito do Navallo
-Manolo de Agrelo-Benito.html
Napoleón e os nosos
-Alberto Paraje Méndez-Napoleon.html