A Asociación de Veciños "San Salvador de Vilarmide"  nace da necesidade de xuntar esforzos co fin de que os nosos pobos: Vilarmide, Vilarmirón e O Navallo non perdan o ritmo do progreso debido, principalmente, á súa escasa relevancia demográfica.

Dende esta asociación traballamos para que as novas tecnoloxías non sexan soamente un tema de conversación entre nós, senón que estamos a facer xestións para que sexa posible nun futuro próximo, dotar á nosa bisbarra de cobertura para acceso a Internet de Banda ancha. Promovemos actividades culturais entre os nosos veciños e velamos porque o noso ámbito paisaxístico, e o noso patrimonio arquitectónico e cultural non se vexa deteriorado polo paso do tempo e o abandono.

Asociación de veciños

 

Actividades

Temas varios

Opinions, información, solicitude de cursos, actividades ou calquera tema relativo á Asociación de Veciñ@s dirixirse a: secretaria@vilarmide.net