San Pedro Fiz
Nos Vilarmide Vilarmirón Navallo San Pedro Fiz


Asociación veciñal
Onde estamos
Relatos
Imaxes
Caixón de xastre
O Canto da Historia
 

San Pedro Fiz

       

Non é o noso patrón, pero se por algo é coñecido o noso pobo, é pola festividade do primeiro domingo de agosto:
O San Pedro Fiz
.  É o momento no que as familias reúnen os membros diseminados polas distintas provincias, os antigos veciños reatópanse e onde volvemos ser todos pobo.

Encontramos o santuaio un quilómetro aproximadamente antes de chegar a Vilarmide, pola estrada que vén dende A Pontenova.

 

Todo un acontecemento que transcende o mero ámbito de festa cristiá, para converterse nun acto social onde a romaría, a procesión, as ofrendas na fonte e a inevitable merenda campestre constitúen a coartada perfecta para xuntar centos de persoas vindas de todo-los puntos da xeografía.

 

Durante a procesión saen as imaxes, obxecto da festividade, precedidas doutras, así como das cruces e pendóns parroquiais e realizan o ritual de circunvalación arredor do santuario.

A finalidade deste rito é o de santificar todo un ámbito xeográfico, dende as persoas presentes aos animais e aparellos próximos.

 
O santuario      
Trátase dun edificio de nave rectangular, precedida dun pórtico e campanario na cabeceira da nave.
No interior atopamos unha capela maior cun gran arco triunfal e unha sancristía ao fondo.

 

 

Presidindo o altar podemos ver un retablo do século XIX. Columnas con capiteles corintios e varias esculturas de S. Pedro do século XVIII, Sta. María co neno do século XVII e S. Antonio.

O anterior talle de San Pedro desapareceu hai algúns anos con motivo dun acto de vandalismo.

A datación do santuario non está clara. Na zona hai indicios de antigos castros celtas e probablemente a chegada do catolicismo sacralizou un lugar destinado a ritos tribais. Sobre ese primitivo asentamento iríanse sucedendo as construcións ata chegar á actual do século XVII con toda probabilidade, como a maioría das igrexas da bisbarra.

 
A fonte
Situada monte abaixo da capela, atópase moi doadamente.

 Só hai que seguir o rastro de panos e demais exvotos diseminados ao longo do camiño, para encontrarnos cunha estrutura piramidal de cachotaría rodeada de ofrendas da máis diversa natureza.

Dende os mencionados panos amarrados nas ramas das árbores, pasando por figuras de cera representando brazos, pernas.... ata libros en agradecemento aos resultados obtidos.

Atribúeselle un especial poder curativo de espullas.

Non soamente durante a festividade acode xente ao santuario. Ao longo do ano materialízanse promesas de peregrinación, ben de forma individual ou de forma colectiva, consistentes en camiñar de xeonllos ou de pé arredor do santuario, co fin de lograr o favor do Santo para a resolución dalgún tipo de problema, ou en pagamento dalgún ofrecemento anterior.

Ofrendas de todo tipo son depositadas no ámbito da fonte.

       
       

Programa de actividades para este ano 1 DE AGOSTO DE 2010:

bullet

09h, 10h, 11h e 12h misa en la capela.

bullet

12h 30'. Lectura de comunicado por parte da Asociación de Veciños.

bullet

13h  Misa campestre seguida da tradicional procesión amenizada polo grupo de gaitas "ARRANCADEIRA".

bullet

Sesión vermouth co dúo "ARMONÍA".

bullet

Comida campestre.

bullet

Pola tarde baile amenizado pola banda de gaitas "ARRACADEIRA" e polo dúo "ARMONÍA"

Dende aquí convocámosvos a todos a compartir connosco un día inesquecible.

 

 

Para calquera consulta ou información acerca desta web dirixirse a: admin@vilarmide.net