Asociación de veciños-as "San Salvador de Vilarmide"
Nos Vilarmide Vilarmirón Navallo San Pedro Fiz


Asociación veciñal
Onde estamos
Relatos
Imaxes
Caixón de xastre
O Canto da Historia
 

Quenes Somos

Mundo global.... Aldea global.

Dende o noso pequeno canto de Galicia percibimos, como todos, o vertixinoso ritmo da evolución. Hoxe en día todo sucede tan a presa que moitas cousas nacen e morren, sen darlles sequera a oportunidade de SER.

Dende o noso pequeno canto decidimos asomarnos, ensinarnos, mostralo ao mundo que tamén existimos, que temos inquedanzas, que temos cousas que compartir e que queremos compartilas.

O noso pequeno canto é tan pequeno, que tivemos que unirnos tres núcleos rurais en torno á Asociación de veciños "San Salvador de Vilarmide", para poder afrontar certos proxectos comúns que, doutro xeito, sería moi difícil abordar.

Queremos compartir a nosa paisaxe e o noso paisanaxe, as nosas festas, as nosas inquedanzas e sobre todo, achegar ao que nos visita ese ritmo rural, tranquilo, sereno e amigable que proporciona un momento de conversación.

Algúns de nós fómos-nos, outros quedamos aquí e outros voltamos. Queremos que este sexa un espazo común, un punto de encontro dos que estamos lonxe cos que estamos preto.

Aldea global.... Mundo global.

 

 

Para calquera consulta ou información acerca desta web dirixirse a: admin@vilarmide.net