Asociación veciñal
Nos Vilarmide Vilarmirón Navallo San Pedro Fiz


Asociación veciñal
Onde estamos
Relatos
Imaxes
Caixón de xastre
O Canto da Historia
 

Asociación de veciños "San Salvador de Vilarmide"

A Asociación de Veciños "San Salvador de Vilarmide"  nace da necesidade de xuntar esforzos co fin de que os nosos pobos: Vilarmide, Vilarmirón y O Navallo non perdan o ritmo do progreso debido, principalmente, á súa escasa relevancia demográfica.

Dende esta asociación traballamos para que as novas tecnoloxías non sexan soamente un tema de conversación entre nós, senón que estamos a facer xestións para que sexa posible nun futuro próximo, dotar á nosa bisbarra de cobertura para acceso a Internet de Banda ancha. Promovemos actividades culturais entre os nosos veciños e velamos porque o noso ámbito paisaxístico, e o noso patrimonio arquitectónico e cultural non se vexa deteriorado polo paso do tempo e o abandono.

Actividades:

Axenda da asociación:

bulletManualidades.
bulletExcursions.
bulletComidas de irmandade.
bulletCursos diversos.
bulletRecuperación de espazos públicos.
 
bulletPreocúpanos
bulletAsemblea xeral anual
bulletActas de asembleas
bulletComunicados
bulletNoticias

Preocúpanos....

O ámbito dos nosos pobos    
  Vista do barrio de Vilanova -Vilarmide- (Agosto de 2010)  


Normativas e regulamentacións van, polo xeral, por detrás do que o uso e a  costume vai demandando. Isto adoita crear certo baleiro legal nalgunhas circunstancias que o seu efecto na vida diaria non sempre é o desexado.


A despoboación que van sufrindo as zonas rurais, o conseguinte abandono das actividades agrícolas e gandeiras e a modificación de usos que se vai dando aos terreos viuse, en boa medida favorecida por unha discutida política de concentración parceira que non sempre produciu os efectos que se previran.
 

O efecto inmediato da "Concentración" foi unha dramática modificación da paisaxe. Desapareceu a riqueza cromática, as pequenas fontes que xermolaban nalgúns muros, a diversidade de texturas en pequenos terreos.... Amplas pistas de terra sucaron as terras rodeando espazos de cor uniforme. Polígonos parcelados apoderáronse dos pequenos hortos coa intención de rendibilizar as explotacións.

Moitos dos propietarios non viven no pobo, co cal o único uso "racional" que poden dar ás novas parcelas é o repoboación forestal.


A Fontiña do Vilar.  Xa desaparecida (Fotografía de Silvia Muruáis)

Talvez a falta de normativa reguladora, a falta de información e, por que, non a perspectiva dunha rendibilidade a medio prazo, levou a unha desmedida proliferación de parcelas repoboadas de piñeiros e eucaliptos que ameazan mesmo a propia seguridade dos habitantes pola proximidade ao pobo. Unido a iso vai un deficiente estado de conservación das pistas cubertas de maleza, o que as transforma, dun hipotético devasas, a un magnífico vehículo de propagación.

Imponse xa, e principalmente por motivos de seguridade, a adopción dalgún tipo de medidas que poñan fin e corrixan a actual situación. A parte da necesaria concienciación dos propietarios, debérase impoñer a obriga de conservar os terreos e os seus accesos dende a administración, mediante o cobramento de taxas de conservación aos propietarios que non realizaran estas tarefas. Con iso poderíanse crear brigadas de actuación no medio rural o que daría seguridade a propiedades, persoas e animais e, porqué non, contribuiría á creación de emprego na zona.

       
O estado da ponte      

 

Fotografía de Outubro de 2010

 

O paso natural e tradicional, principalmente peonil e agrícola, cara a marxe esquerda do río, é a través da ponte situada no ámbito do muíño de Rocha. Lonxe de ser a ponte que nos une cos nosos veciños de Galegos e demais pobos do Concello de Riotorto, na actualidade "sepáranos" debido ao risco que supón o seu uso.

Se ben é certo que a maior parte das comunicacións se realizan por estrada, a pesca constitúe unha actividade importante no noso ámbito, sen esquecer que o sendeirismo podería converterse nun importante reclamo, se para iso mantemos unha infraestrutura en óptimas condicións e conservamos noso rico ámbito natural.

A construción actual data de 1.965 e o seu estado de conservación é pésimo. Non ten ningún tipo de varanda, a estrutura está cambada e os piares sobre os que se asenta presentan gretas e falta de verticalidade.

       

Volver

Noticias

-Área recreativa de "Fondón"

O pasado sábado 17 de xullo de 2010 ás 14h. tivo lugar a inauguración da área recreativa de "Fondón" no ámbito de Vilaboa. O proxecto foi patrocinado polo Concello da Pontenova coa presenza do alcalde Darío Campos Conde, e organizado polas asociacións de veciños "San Xulián de Vilaboa, "San Miguel de Vilaemil e "San Salvador " de Vilarmide xunto coa Asociación Cultural da Hermida.

A área encóntrase situada á beira do río e está dotada dun amplo aparcadoiro, numerosas mesas e grellas, zona infantil, aseos e unha magnífica zona de baño.

   

 

Volver

 

Comidas de irmandade

-Sardiñada.

O domingo 26 de xuño terá lugar unha sardiñada ao mediodía en Vilarmide. O prezo é de 5€. Nenos gratis

-Churrascada en agosto.

Como era de esperar o éxito foi total. Unhas cen persoas xuntámonos co propósito de "resucitar" aquela festa un pouco durmida do noso patrón "San Salvador". O bo ánimo, o bo comer e beber reuniu a un montón de veciños e familiares ao redor dunha barbacoa e unha carpa no exterior da escola. Música, risas, chistes e ambiente desenfadado presidiron un día que se prolongou ata máis das cinco da mañá (estamos feitos uns rapaces).

Grazas a nosa particular "reporteira destacada" Tanya, contamos co testemuño gráfico que podedes ver no apartado de imaxes Actos Sociais.

Esperámosvos a todos na próxima.

-Churrascada no Navallo.

Dentro do esforzo constante por manter os lazos que unen a nosa xente, destacan notablemente os veciños do Navallo.

A pesar del abandono, la memoria colectiva del pueblo es un auténtico tesoro que sus antiguos habitantes y sus descendientes se niegan tercamente a perder” (Diario "El Progreso" o 31 de outubro de 2010)


Participantes na "churrascada" o 31 de outobro

Con certa frecuencia celébranse comidas de irmandade coa finalidade de que esa "memoria colectiva" non se transforme en esquecemento colectivo. O pasado 31 de outubro tivo lugar unha churrascada que convocou a decenas de familiares, antigos veciños e amigos dos tres habitantes que permanecen no pobo.
O feito foi recollido polo diario "El progreso" 
http://elprogreso.galiciae.com/nova/66278.html

       

Volver

Excursions

Vilarmide-Begonte

O pasado 24 de Xaneiro fómonos a Begonte a ver o famoso Belén que montan todos os anos por Nadal. O día era fabuloso para a ocasión pero o frío recordábanos que estabamos en pleno inverno.

Saímos de Vilarmide, Vilarmirón e o Navallo despois de comer. Chegados a Begonte realizamos a visita correspondente para despois acudir a visitar a casa do famoso artista Víctor Corral. Máis tarde un refrixerio nun bar próximo, reconfortounos por dentro e por fóra para emprender a viaxe de volta amenizada por música da nosa rexión.

A nosa incansable reporteira Tanya enviounos a crónica e as fotografías correspondentes que podedes ver no apartado de imaxes: Actos Sociais.

Volver


Actas de asembleas

 

Volver

Asemblea anual

Convócase asemblea xeral de socios para o día sábado 14 de Agosto de 2010 ás 18h 30' en primeira convocatoria e ás 19h. en segunda convocatoria coa seguinte orde do día:

 
bulletQue é, como e porqué se fundou a Asociación de Veciños-as "San Salvador de Vilarmide"
bulletEstado de contas.
bulletProposta de actividades.
bulletPresentación da páxina web da asociación
bulletRogos y preguntas.

Volver

 

Comunicados

Comunicado do 4 de Maio de 2010 (pdf)

 

Volver

Manualidades

Con certa regularidade realizamos cursos de manualidades encamiñados a xestionar o ocio e, porqué non, a formar a nosa xente en aspectos que axuden na vida diaria.

Unha mostra é o curso de abelorios impartido por Modesta e que contou coa participación de catorce alumnas de Vilarmide e de arredores.

Os asistentes aos cursos de Abelorios e Cestaría celebrarán unha comida de fin de curso o sábado 2 de xullo en "Casa Horacio" de Ribeira de Piquín.
       

Volver

 

Opinións, información, solicitude de cursos, actividades ou calquera tema relativo á Asociación de Veciñ@s dirixirse a: secretaria@vilarmide.net

 

 

Para calquera consulta ou información acerca desta web dirixirse a: admin@vilarmide.net