Os poucos que aquí
quedan fixáronse como meta conservar o lugar e convocar os seus. Non
sen certo orgullo teño que dicir que entre eles, me poñen como escusa
para volver de cando en vez, sobre todo o Sábado Santo, que se celebra
a festividade na miña honra.
¡ Como cambian os
tempos!! Non hai tanto vía pasar, con dirección a
Villarmide, aos mozos o Domingo de Ramos,
cargando con desmesuradas ramas de loureiro para competir polo ramo
máis grande. Eses mesmos mozos partirían a principios de verán a segar
a Castela como xornaleiros. Tampouco hai tanto que diante do altar,
fronte a min, había no chan unha lousa que evitaban pisar todos
aqueles que querían casar. Hoxe contemplo, con simpatía hei de
recoñecelo, como se cambiou o uso dunha nave para convertela en
"disco-corte", como se loita por manter vivo o pobo con actos de
irmandade entre antigos veciños, familiares e amigos e como tamén, din
que grazas a min, algunhas caras novas aparecen de cando en vez polos
camiños do pobo.
Quero manifestar
dende aquí que, aínda que non sexa o orgullo un sentimento propio de
santos, me sinto orgulloso dos fillos do Navallo,
recoñecido pola súa devoción cara a min e moi honrado por rematar aquí
neste pobo despois de percorrer tanto mundo.
Dende esta ventá
cara ao mundo quero abrazar a todos os que dalgunha forma teñen algún
vínculo co Navallo, invitar os que nunca
viñeron aquí e recordar aos que xa estiveron, que non se lles esqueza
volver e contarme como lles vai.
Para saber algo máis acerca da miña azarosa
vida, dentro deste mesmo espazo Web no
"Canto da Historia" poderán coñecerme un pouco mellor.
Quérovos convocar todos á festa que terá lugar o día 23 de abril de 2011. A información podédela encontrar no capítulo de "Noticias" do espazo dedicado á "Asociación de Veciñ@s"