Orgullo ferido
Sempre fun do Madrid. No recreo,
invariablemente, arrancaba polo lateral dereito e enfilaba a portaría contraria,
a do Deportivo Lugo por suposto. As aliñacións eran
bastante arbitrarias posto que non sempre eramos os mesmos. Sexa como for, o que
non cambiaba nunca era o duelo Real Madrid - Deportivo
Lugo. Nin que dicir ten en que equipo xogaba eu.
Custábame bastante chegar porque
o campo era costa arriba, e sempre me tocaba atacar dende a parte máis baixa.
Cando xa non podía máis, buscaba coa mirada ao meu amigo e confidente
Manolo para pasalo o balón pero.... xa dende o chan,
porque en canto levantaba a vista sempre tropezaba con algo. Era incapaz de
correr sen levar a cabeza baixa.
Mentres, dous regueiros de
sangue asomaban polos buratos dos narices e polo burato do pantalón.
Mirei cara ao grupo das rapazas
e alí estaban. A maioría nin se decatara do meu falido intento de marcalo un gol
ao Lugo. Entón o meu bo amigo
Manolo pasou o seu brazo polos meus ombros..
-¿Mancácheste moito?
-No, case non me doe nada –dixen con bágoas nas meixelas e a voz entrecortada
polo choro.
A dor máis difícil de soportar
era o do orgullo. O meu amor propio ferido. O vorcallón polo chan entre as risas
dos do Deportivo Lugo. O grupo de rapazas, entre as
que, unha delas.... especialmente unha, si me vira caer. Iso si era unha
verdadeira dor.
-Oe Manolo…, e a ti… tes moza?
-¿….? ¡Tú estas tolo!. Mira que cousas se che acontecen.
-Booo…,e enton qué… Non podías tela?
-Non te digo eu..? Toleas.
-Pois… Eu teño…. –Afirmei con serenidade mentres a manga do xersei había as
veces de pano debuxando unha franxa sanguinolenta de meixela a meixela.
-¿Cómo que tés..? Eeee… quén é logo?
- É Ana. Pero ela ainda non o sabe. Como lle digas o teu algo… mátote….. ¡¡Ay cómo me
doe o xeonllo!!
-Esta si que e boa!. Non te decatas de que ela é moito maior ca ti.
-Tanto non ¿ou?. ….. ¡¡Ufff!!
-¡¡Home non oh!!. Ana, con seis anos e ti con cinco. Cómo vai mirar para ti?
-¿….? Bueno…., eu cumpro seis en novembro…. ¡Como me castigue a mestra de
xeonllos….!! ¡¡Buff!!